NIGRÁN

na memoria…

Unha viaxe ao Nigrán de antano

Participa neste arquivo enviando as tuas fotos.

Este é o obxectivo deste Arquivo Histórico Audiovisual Online creado no 2021 desde o Concello de Nigrán tras o éxito da exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’. Por unha banda serve para recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e, por outro, para difundilo. Así, a través da escolma de imaxes achegadas pola propia veciñanza, visualízase o desenvolvemento económico, social e cultural da localidade dun xeito sinxelo e accesible desde calquera lugar e coa opción de seleccionar por áreas ou temáticas. Todas as fotos poden ser comentadas para mellorar a súa catalogación. A colección seguirá medrando e gañando valor en función das novas doazóns. Apúntaste?